



CONFERENCIAS

Mesa Redonda celebrada nos Encuentros Iberoamericanos MACOMAD. Un espazo de diálogo arrededor da práctica escénica máis alá do heteropatriarcado e as súas estéticas. Un encontro con creadorxs que pensan a escena dende a súa propia norma e identidade, unha escena onde o persoal é político.
Modera: Mari Fuentes, creadora escénica en la compañía La Fabulosa y gestora cultural en la Red de Teatros Alternativos. Madrid.Participan: Álvaro Caboalles, artista e investigador en creación escénica contemporánea. Madrid. Fernando López, bailaor, coreógrafo y filósofo. Doctor en Estética, Ciencias y Tecnologías de las Artes (especialidad Danza y Artes del Gesto) por la Universidad París VIII.Gena Baamonde, mullerona, directora, actriz, creadora escénica e investigadora en práctica escénica contemporánea.

Abriremos un espazo onde continuar a desaprender os corpos. Un espazo onde compartir os materiais de traballo, onde reescribir por riba do escrito deixando que outras corporalidades falen e atravesen o propio material. Anticorpos que nos axuden a cuestionar a normatividade. Un tempo e un espazo no que saír fóra do corpo, no que ir de acampada aos nosos corpos. Onde problematizar o normativo. Recoñecer as nosas peculiaridades e rarezas, como forza, beleza, e posible estratexia de reinvención. Un lugar onde viaxar polos referentes que abrazan a peza O raro é que bailar sexa raro.
Programación ExpandidaTRCDanza I A Coruña I 2021 I Andrea Quintana + Gena Baamonde

Abrir o círculo se propón como unha sorte de clube cultural, un grupo de estudo, un espazo para a celebración de encontros periódicos con artistas das artes perfomativas, ou que traballan o campo da performatividade, que son convidadas a compartir un tempo dirixido ao intercambio de saberes con outras persoas interesadas ou dedicadas á creación (en calquera dos seus ámbitos) e/ou profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados.
Participación de Gena Baamonde coa colaboración de Andrea Quintana I De corpos presentes comisariado por Sabela Mendoza I isto é Normal - espazo de intervención cultural da UDC I A Coruña I 2020

Charloteo variado arrededor da práctica escénica sexuada e des-xenerada que, nos últimos anos, faise eco dos cuestionamentos que poñen en risco os ríxidos moldes que conforman o binomio de xénero e o mandato da heteronormatividade, amosando sexualidades habitualmente relegadas do discurso escénico, como a sexualidade lesbiana.
Charloteo accionado e pensado dende un lugar de teoría e práctica na periferia escénica, centrado na existencia deses ´teatros que tamén importan´. Creacións que mesturan diversas lecturas, precariato, errores dramatúrxicos e suores corporais compartindo lugares de resistencia como a experiencia na dirección de Elisa e Marcela, con A Panadaría Teatro ou en traballos de investigación teórica como Sexualidades des-xeneradas na práctica escénica contemporánea coa súa deriva escénica Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos.
PUBLICACIONES - TEXTOS


REVISTA ADRA / Nº16
En Pé de Danza, En Pé de Pedra: Bailadeiras no espazo público de Compostela.
Gena Baamonde e Andrea Quintana I Creadoras e investigadoras independentes

I COLOQUIO DO OBSERVATORIO DO TEATRO GALEGO
Gena Baamonde
Sexualidades des-xeneradas na práctica escénica galega contemporánea
Andrea Quintana
Corpos abxectos e performatividade non normativa

REVISTA-Galicia 21
Entrevista a cargo de Danny Barreto e Ánxela Lema París
Cuirizar a escena: creación e experimentación nas marxes

OBRADOIROS


Esta práctica expandida carroñera propón un encontro co obxectivo de afondar nas identidades sexo-xenéricas diversas, na súa representación na práctica artística contemporánea a través do humor como ferramenta política e de axencia.
Desenvolveremos una práctica bastarda que utilice a carroña metodolóxica, mesturando métodos diversos que nos permitan poñer en cuestión a historia escénica heterocentrada e patriarcal.
Deste xeito, poderemos xerar novos coñecementos escénicos que nos sirvan de base para a creación, axudando a expandir e traducir a linguaxe escénica os coñecementos teóricos, transgredindo os formatos disciplinares e creando novas xenealoxías dislocadas que poidan nutrirse dos materiais máis diversos aparentemente contraditorios e incoherentes entre sí.

CORPOS POSIBLES - ANDREA QUINTANA
A orixe do meu traballo parte de entender a diversidade corporal como a potencia principal do movemento e da creación, fuxindo da idea de normalizar e unificar os corpos. Confío na mestura de prácticas e disciplinas para a creación dun método de traballo persoal que bebe de todo o aprendido ao longo da miña traxectoria. Considero a danza un modo de estar no mundo, unha práctica chea de fortalezas que achegan coñecemento e escoita do noso propio corpo, así como do que nos rodea, dotándonos de capacidades de interacción diversas.
O obxectivo destes encontros é propoñer o adestramento no que o corpo forme parte inseparable da nosa conciencia escénica. Un achegamento ao movemento co que adquirir coñecemento e presenza física, tanto desde a práctica como desde a teoría, creando un espazo no que explorar o noso movemento persoal, as posibilidades físicas e as capacidades de expresión infinita de cada corpo.
Partiremos do estudo da nosa estrutura e anatomía corporal, de como esta se relaciona co espazo e cos corpos que nos rodean. Traballaremos a experiencia como fundamento para a aprendizaxe, pasar polo corpo a teoría para activar preguntas que nos axuden a descubrirnos desde outras perspectivas e linguaxes. Activaremos a través de exercicios de improvisacións os noso propios imaxinarios e desexos, cos que alcanzar a poética dun movemento propio que nos axudará a conectar e expresar a nosa creatividade individual e colectiva. Intentaremos comprender o corpo como un mapa, un vehículo co que viaxar a través do movemento, permitíndonos transitar dun estado a outro, afinando a nosa escoita e atención dun corpo presente, no aquí e agora. A presenza e a experiencia física revélanse como fontes de coñecemento e creación onde converternos en todo aquilo que xa non precisa palabras. Sairemos á procura dun corpo dispoñible, seguro, aberto e preparado para o imprevisible co que, sobre todo, gozar e compartir o pracer que implica poñerse en movemento. O desexo como motor do movemento.
